irudia
Egilea: Miguel Rodríguez Carnota, directora, Renée DePalma Ungaro

Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística

Ao longo das últimas décadas o descenso do número de falantes do idioma galego foi especialmente acusado nos sectores de idade correspondentes á infancia e á mocidade. Ante este desalentador panorama, corenta anos despois da incorporación parcial do idioma galego ao sistema educativo, é hora de analizar en profundidade cal é o papel real que os centros educativos xogan na preservación, na continuidade histórica e na promoción do uso da lingua propia do país como vehículo normal de comunicación. Tamén é preciso detectar se, como parece, moitas das situacións que dentro dos centros educativos se producen por volta do conflito lingüístico galego provocan relacións de desigualdade por razón de lingua entre o alumnado. Xunto coa observación participante exercida polo investigador durante un longo período de tempo, este estudo de caso recolle o testemuño de dez persoas informantes de ambos os sexos, galegofalantes efectivas ou con vontade de selo, ex-alumnas e ex-alumnos dun centro público de educación secundaria dunha vila galega durante a pasada década. Estes testemuños servirán de base para unha análise en profundidade que nos achegue unha luz sobre as anteriores cuestións.

 

 

 

Visit HABE's profile on Pinterest.