Autor: autoría, Diana Fernández Méndez, Håkan Casares Berg
O valor económico do galego
Neste traballo do Observatorio da Cultura Galega delimitáronse e cuantificáronse, en termos de valor económico e emprego, as actividades asociadas á lingua galega.
A tese principal é que a lingua ten un mercado e unha industria propios e que estes son cuantificables. Para estimar o valor económico da lingua delimitáronse, en primeiro lugar, os bens e servizos directamente relacionados coa lingua como elemento diferencial no seu proceso produtivo e, con posterioridade, as actividades que os producen.